O Concello acondiciona o alumeado público
Lugo aposta por actualizar un alumeado público obsoleto. Obxectivo no que se avanza pouco a pouco. Nos últimos meses a área do goberno que dirixe o Bloque afánase por mudar o aspecto da urbe en horario nocturno. As brigadas municipais están a realizar intervencións de mellora do alumeado en toda a cidade. Rubén Arroxo explicou que “estanse a limpar e acondicionar as farolas en distintas zonas da cidade, unha intervención que mellora a imaxe da cidade e a percepción da veciñanza das instalacións públicas”. Traballos que, por outra banda, parecen insuficientes
Nestes días o persoal da brigada está a traballar no alumeado da Escalinata da Estación, e continuará a realizar intervencións no resto da cidade, acondicionando a rede de alumeado público segundo as necesidades de cada zona. «As brigadas municipais realizan unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade», explicou Rubén Arroxo. Coa brigada, o concello de Lugo e a concellería de Infraestruturas urbanas traballan para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza. «É importante lembrar a importancia da brigada de obras, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños», sentenciou Rubén Arroxo.

