Lugo instalará 67 desfibriladores en instalacións municipais

Lugo avanza para ser unha urbe cardiosegura. O Concello anunciou que instalará 67 desfibriladores que axuden a actuar ante posibles infartos. Os novos equipos repartiranse entre edificios e instalacións municipais, onde se instalaran un total de 47. Mentres que 10 serán móbiles e equiparanse nos coches da Policía Local e os servizos de emerxencias. Ademais, se incluirán 10 tótems para colocar no exterior.

O investimento total nesta iniciativa será de 148.078 euros. “Esta medida responde ao noso compromiso pola saúde. Desde o Concello cremos de especial importancia investir en salvar vidas, tendo en conta que a reanimación cardiopulmonar nos primeiros 3 a 5 minutos é imprescindible xa que eleva as taxas de supervivencia entre o 49 ao 75%. En cambio, cada minuto que esta acción se atrasa redúcese a probabilidade de supervivencia entre un 10 e un 12%”, segundo lembra a rexedora.

Con esta iniciativa, incluída no programa ‘Lugo con Corazón’, Lugo situarase moi riba da ratio recomendada por Europa de 10 desfibriladores por cada 10.000 habitantes, converténdose na cidade máis cardioprotexida das grandes cidades galegas e incluso do Noroeste peninsular”, destacou Lara Méndez.

 A reanimación cardiopulmonar nos primeiros 3 a 5 minutos é imprescindible xa que eleva as taxas de supervivencia entre o 49 ao 75%

Lara Méndez

A área de Benestar Social, dirixida por Olga López será a encargada de supervisar a colocación e o seguemento do funcionamento dos desfibriladores. A concelleira avanzou que coa instalación dos desfibriladores poranse en marcha cursos de formación para o seu correcto uso, que recibirán os empregados municipais das distintas dependencias, e que están “baseados nun mecanismo moi sinxelo, pero que, en caso de urxencia, debe aplicarse correctamente e o máis rápido posible xa que o tempo de reacción é clave”, sostivo a edil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.