Comeza a festa do Día do Orgullo: este é o programa 2022

Este luns arrrincan a conmemoración do día do Orgullo na nosa cidade. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, será a encargada de inaugurar os actos programdos para conmemorar o Día do Orgullo esta tarde ás 20.00 horas destapando unha sorprendente instalación artística e luminosa na Casa Consistorial.

O martes, ás 16.30h, a Praza da Soidade acollerá dous talleres temáticos pola diversidade, concretamente un obradoiro de pintado decorativo de pedras coas cores do arco iris e outro de estampado téxtil para a elaboración de deseños e consignas contra a LGTBIFOBIA. Todas as propostas fomentarán a parte máis creativa das persoas participantes dun xeito dinámico e os asistentes recibirán un lote individual de materiais.

Ao remate dos talleres, terá lugar, na mesma praza, un conto teatralizado, a cargo de Caxoto, denominado ‘Planeta LGTBIQ’. Nesta actividade participarán os nenos e nenas do programa municipal de conciliación ‘Aprende Xogando’, en quenda de mañá, co obxectivo de “educalos desde a infancia para que as crianzas entendan a existencia da diversidade, o que axudará a loitar contra a homofobia e evitará que se sintan rexeitados nun futuro”, apunta Alonso.

Xa ás 20.00 horas, o Concello participará, xunto ás asociacións de Lugo, Alas e Avante LGTB+, ademais de Agrocuir e Sete Outeiros, nunha manifestación pola igualdade e dignidade efectiva e real. A manifestación, que sairá  desde a praza Horta do Seminario percorrerá Bispo Aguirre, Rolda da Muralla – ata a porta de San Fernando-, rúa San Fernando, Bolaño Ribadeneira, Quiroga Ballesteros e Praza da Soidade, onde se realizará a lectura dun manifesto. 

Para finalizar o día, a partir das 21 horas., organizarase na Praza da Soidade unha festa de pos de cores con sesión DJ, que desde a organziación prometen xerar un ambiente festivo que motive á cidadanía a gozar da cidade durante esta conmemoración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.