350 anos da ofrenda do Antigo Reino de Galicia
Lugo celebrou este domingo a tradicional ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que conmemora o seu 350 aniversario. Nesta edición a ofrenda foi realizada polo rexedor compostelano, Xosé Sánchez Bugallo. O alcalde da capital galega destacou que galicia debe avanzar como sociedade coa tolerancia e axustiza como piares.
Os mandatarios de Lugo e Santiago estiveron acompañados polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e do resto de representantes das cidades do Antigo Reino de Galicia. Entre eles estaban os rexedores de Mondoñedo, Manuel Angel Otero; Betanzos, María Barral, e Tui, Enrique Cabalairo, ademais dos tenentes de alcaldesa e de alcalde de A Coruña e Ourense. Tamén asistiron, entre outras autoridades, a subdegelada do Goberno, Isabel Rodríguez; o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín Formoso, o deputado de Lugo, Pablo Rivera, o concelleiro de Ourense, Armando Ojea, e representantes do Congreso e Senado e do Parlamento de Galicia, así como das forzas de seguridade.

