A piscina exterior de Frigsa abrirá este venres

As piscinas municipais exteriores de Frigsa abrirán ao público este venres, 1 de xullo, ata o día 31 de agosto. A apertura será de luns a venres, de 12.00 a 20.30 horas e, de 12.00 a 20.00 horas, os sábados e os domingos, en horario continuo.

A instalación disporá dun mínimo de dous socorristas que atenderán en todos os horarios, que ascenderán a  tres nas horas de máxima afluencia para maior seguridade de todos os bañistas, segundo sinalou o Concello. O goberno local aposta pormanteñer os prezos de tempadas anteriores, que serán de 1 euro para a mocidade ate os 15 anos (10’80 € o abono de 15 baños); de 2’20 euros para adultos, maiores de 16 anos, (22’30 € o custo do abono), e de 11’10 euros para pensionistas e para familias a partir de tres membros, 29,90 euros (o abono de 15 baños) e 59,10 € (o abono de 30 baños).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.