Sen carné, sen mascarilla, sen permiso para entrar en Lugo… e con dous ocupantes máis!

Suceso canto menos chamativo o que se produciu onte na cidade. Nun dos controis realizadospara comprobar o cumprimento da normativa COVID-19, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo interceptaron un turismo cuxo condutor carecía de permiso de conducir por perda total dos puntos asignados legalmente, polo que foi trasladado á Unidade de Atestados da Policía Local onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Así mesmo comprobouse que o devandito condutor entrara no municipio de Lugo procedente doutro municipio sen causa xustificada, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, propoñéndose sanción de 500 euros. Tamén o condutor foi denunciado por senllas infraccións á norma por atoparse no interior do vehículo con outras dúas persoas non conviventes, o que supón multa de 500 euros e por non utilizar a máscara de protección obrigatoria, con multa de 100 euros.

O delito contra a seguridade viaria consistente en conducir carecendo de permiso por perda total dos puntos asignados, está castigado no Código penal coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.