O PP suxire homenaxear a Cacharro Pardo en recoñecemento “o seu labor e impulso” ao campus

O Grupo Provincial Popular propuxo no pleno provincial que a Deputación de Lugo promova, en conxunto coa USC, unha homenaxe a Francisco Cacharro Pardo en recoñecemento “do seu labor, cooperación e impulso definitorio” ao campus universitario de Lugo. “A Deputación ten un longo percorrido de apoio e impulso e traballo coa USC que iniciou o presidente Luis Cordeiro; pero, sen dúbida, se existe un nome propio nesta casa que podamos vincular ao traballo e á cooperación coa universidade ese é o de Francisco Cacharro Pardo. Polo tanto, esta homenaxe, sen dúbida, sería posible, loable e de xustiza se quen ten que tomar a decisión é xusto e obxectivo”, segundo trasladou o deputado lucense Óscar Poy .

Os deputados populares votaron a favor da cesión á USC do uso de varias parcelas provinciais para consolidación e ampliación do Campus de Lugo. “Toda colaboración da Deputación coa USC para a ampliación, mellora e promoción do campus de Lugo é ben acollida por este Grupo Provincial”. Poy puxo en valor a labro da USC en Lugo. “O Campus da Universidade de Santiago é unha parte esencial da cidade de Lugo, como sinal de identidade, como xerador de potencia intelectual, como impulsor da economía local e como referencia no mundo académico e investigador, tanto a nivel nacional como internacional”, apuntou o popular.

Cooperación en beneficio dos sectores da provincia

“A USC, a través do campus, pode aportar moito á provincia”. Por iso, Poy animou ao goberno provincial, en nome de todo o Grupo Popular, a buscar novas liñas de cooperación coa Universidade que redunden en beneficio de sectores concretos da nosa provincia, e, á vez, sexan de utilidade para a Universidade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.