O mercadillo de Frigsa bríndase fronte o Covid
Novas medidas fronte o avnce da pandemia no mercadillo de Frigsa. A partir deste venres, os distintos postos do Mercado deberán chegar ao recinto entre as 8 e as 10 horas, deste xeito, como máximo ás 10:00 os postos deberán estar colocados. Do mesmo xeito, o número de postos a colocar está limitado a 52, nos que terán preferencia os postos cuxas persoas titulares sexan do concello de Lugo, e dentro destes, os adicados á alimentación. O resto de postos asignaranse cada día de Mercado por orde de chegada. A zona ubicada na contorna do Auditorio Municipal será precintada, evitando o asentamento de postos. De cara a controlar a cabida, o acceso da veciñanza limitarase á última porta do Parque, situada preto das piscinas municipais, quedando as dúas entradas restantes pechadas, segundo sinalaron fontes do Concello.
