O cruce entre rúa das Fontes e Mar Cantábrico será paviemntado
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos de mantemento en varias rúas da zona norte da cidade, que comezaron nos últimos días. “Estamos a realizar unha importante actuación de mantemento na unión da rúa das Fontes con Mar Cantábrico”, sinalou Penas .
A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na demolición do pavimento existente, excepto onde se atopa en bo estado. Habilitarase unha nova beirarrúa con saíntes nas zonas dos pasos de peóns. Na calzada, colocarase pavimento de formigón de 18 cm de espesor, que dará continuidade ao xa colocado en Mar Cantábrico e na zona de estacionamento. Ademais, en todo o treito renovarase a sinalización horizontal.

