John Duer & The Blues Freaks farán soar a súa identidade sureña este venres no «Clavi»
John Duer volta ao Club Clavicémbalo cos seus Blues freaks. A actuación terá lugar este venres día 26 a partir das 22.30 horas. Trátase do derradeiro concerto deste americano antes de regresar ao seu país de orixe. Tras un ano intenso de xira por España co seu primer disco, volta despois da pandemia co seu segundo disco, Try some of this, publicado no ano 2019 . Ambos discos foron editados por Big Beard Records (Texas).O terceiro disco, The charm, xa está en proceso e poderanse escoitar moitos dos novos cortes deste terceiro traballo. O texano formou no 2017 esta banda de blues tras o seu paso por España, na que o acompañan os seus incondicionales Blues Freak: José Luis “Sépul” á batería, Paco Cerezo ao baixo e Buddy García na guitarra. A formación aposta por un blues-rock pantanoso de orixe sureño con selo de identidade propio.