Cerco ás irregularidades nos vehículos de reparto

A Policia local multuo onte a dous condutores de repartición con presenza de drogas no organismo. Os repartidores deron positivo en THC no correspondentes test de drogas aos que foron sometidos. Por este motivo os axentes abriiron sendos expediente sancionadores con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. Ademáis, detectáronse 6 vehículos de repartición de mercadorías cuxos titulares non os presentaran á Inspección Técnica Periódica no prazo debido, polo que se enfrontan a unha sanción de 200 euros.

Pero o traballo dos axentes movilizados onte enste dispositivo non rematou aquí. No transcurso da xornada levantáronse outras seis actas de denuncia por infraccións á lei de Saúde de Galicia. catro actas de denuncia por incumprimento da normativa sobre permanencia de persoas, ao detectar non conviventes. Proponse sanción de 500 euros. Outra multa de 500 euros por entrar no termo municipal de Lugo sen causa xustificada; e outra máis de 100 euros por non facer uso da máscara de protección.