A oposición clama pola falla de aparcadoiros no casco histórico

A oposición volve á carga pola falla de aparcamento na zona centro. Como xa fixera a semana pasada o grupo municipal de Cs, quen puxo voz as queixas dos comerciantes do Casco histórico polas dificultades para aparcar nas inmediacións desta zona e propuxo como alternativa habilitar un aparcadoiro no número 27 da rúa Castelao, o PP volve a incidir en este problema. O viceportavoz dos populares, Antonio Ameijide considera que «a alcaldesa e o vicealcalde seguen a castigar aos veciños ao non repoñer nos barrios as prazas de aparcamento que eliminaron».

Os problemas de tráfico e aparcamento seguen a ser os que máis preocupan aos lucenses debido aos constantes cambios no sentido de circulación de numerosas rúas neste mandato, as peonalizacións de rúas e a destrución de centos de prazas de aparcamento, segundo os populares. “Vaia por diante que non estamos en contra da reestruturación do tráfico ou de peonalizar rúas, pero sempre partindo de consensos cos veciños afectados, con informes de tráfico que apoien a necesidade de realizar eses cambios e de dar alternativas no entorno ao estacionamento que se suprimiu”, explicou Ameijide.

“O problema do estacionamento é algo xeral en toda a cidade e non hai xuntanza nun barrio ou parroquia na que os veciños poñan este problema como o principal”, recorda Antonio Ameijide, que pon sobre a mesa as numerosas propostas que o Grupo Municipal Popular defendeu nos últimos anos para paliar a perda de prazas de estacionamento e que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo decidiron botar por terra.

Unha das propostas que máis gustou entre a poboación foi a idea do PP de asinar convenios con propietarios de solares sen uso na contorna do casco histórico para habilitar preto dun milleiro de novos estacionamentos. As localizacións propostas son:

ZonaDistancia Ronda MurallaMetros cadradosNúmero aprox. plazas
Río Neira120 m1.36854
Rúa Castelao190 m3.221128
Fontiñas300 m2.735108
Avenida Vilaverde380 m1.54861
Rúa Miguel Murguía380 m6.848273
Rúa Otero Pedrayo570 m2.12985
Rúa Escocia600 m2.656106
360 m distancia media20.505 m2 TOTAL 815

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.