Adega denuncia que a Xunta permite a mobilidade dos cazadores

Os ecoloxistas galegos denuncian que a Xunta exceptúe a caza do cumprimento das no vas resticcions para frear a pandemia, e permita a mobilidade dos cazadores por toda Galicia para participar en  batidas de xabarín e lobo.

O colectivo afirmar que a situación de alerta sanitaria xerada pola COVID-19 é extremadamente excepcional, grave e sen precedentes, polo que segue requirindo o maior esforzo por parte de toda a sociedade.

Adega censura que o colectivo cinexético non pode ser alleo a esta grave situación. «Que se permita a mobilidade sen limitacións para participar en batidas cando as restricións de mobilidade fóra dos concellos perimetrados están sendo tan duras só pode considerarse un agravio co resto da cidadanía, e unha concesión caprichosa dun privilexio inxustificable, que alonga de novo unha tempada de caza xa iniciada en agosto para as batidas, e que desde outubro continuou para a caza menor», sinala a asociación no seu comunicado.

Para os escoloxistas a continuidade das batidas e agardas nas vindeiras semanas tampouco se pode escudar na necesidade de facer fronte a danos causados pola fauna salvaxe, xa que na súa opción non existe unha proxección de valoración certa nin rigorosa sobre danos a cultivos. «A seguridade sanitaria debe estar por diante dun hipotético beneficio de controis poboacionais do xabarín, pois en tres semanas, de habelo, sería totalmente marxinal», concluen.