A urbe adhirase á Rede de cidades amigables coas persoas maiores
Lugo pretende ser un espazo máis vivible para as persoas maiores. Deste xeito, a corporación aprobou adherirse Rede de cidades amigables coas persoas maiores. «Estamos nunha cidade na que preto do 20% da poboación ten 65 anos ou máis, e isto debe ter a súa repercusión no modelo de cidade cara o que debemos ir. Os maiores son transmisores de experiencias e valores sociais, e nestes intres máis que nunca, son dos grandes perxudicados da pandemia.Os nosos maiores apoian e colaboran coas familias e a día de hoxe son o sustento da conciliación familiar en gran parte dos fogares, unha labor fundamental na estrutura de sociedade que impera no noso país», sinalan desde o grupo municipal do PP, promotor da iniciativa.
A iniciativa promove a participación das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, opinións e propostas no proceso de análise e mellora do concello
«A misión da Rede é estimular e favorecer que a veciñanza sexa cada vez máis amigable coas persoas maiores, inspirando o cambio. Hai que mostrar o que se pode facer e como se pode facer, intercambiar información, coñecemento e experiencias con outras cidades e buscar o apoio preciso para deseñar e levar a cabo aquelas solucións que levan a un compromiso firme de escoitar as necesidade da nosa poboación maior», sinalaron desde o grupo popular. A iniciativa promove a participación das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, opinións e propostas no proceso de análise e mellora do concello en diversos ámbitos, co fin último de promover un envellecemento saúdable e activo.

