Sanidade mobiliza 200 técnicos para velar polo uso das máscaras e controlar os aforos nas empresas
A Xunta poñerá en marcha nos próximos días unha campaña para mellorar o cumprimento das medidas sanitarias conta o covid. O obxectivo d iniciativa, segundo sinalan desde a Consellería de Sanidade, será o de asesorar no cumprimento das medidas sanitarias implantadas para facer fronte á crise sanitaria orixinada polo coronavirus, en especial control de aforos, distancias, uso de máscaras, etc. Esta actuación encádrase dentro do paquete de medidas para intentar diminuír a incidencia da covid. Para alcanzar este obxectivo deseñáronse varias estratexias entre as que se atopan o reforzo da información á poboación en xeral, o asesoramento aos sectores implicados, así como o fomento da coordinación e consenso con outras unidades da Administración Pública con competencias no control das medidas sanitarias. Ademais constará dunha cuarta estratexia que é a realización de visitas a establecementos nos que pode haber unha maior afluencia de persoas e favorecer a transmisión do virus, principalmente centros comerciais, prazas de abastos, hipermercados e supermercados e, posteriormente, continuarase con establecementos de hostalería (bares e restaurantes), ou instalacións deportivas (ximnasios e piscinas).
Os funcionarios visitarán establecementos nos que pode haber unha maior afluencia de persoas e favorecer así a transmisión do virus, principalmente centros comerciais, prazas de abastos, hipermercados e supermercados
A totalidade dos efectivos
Estas visitas as levarán a cabo persoal técnico especializado de Saúde Pública, debidamente identificado, polo que se dedicarán o 100% dos efectivos (máis de 200 veterinarios e farmacéuticos) a esta campaña que se estenderá dende agora e ata o mes de abril. Finalizado dito período, e en función da evolución da pandemia, revisarase a pertinencia de aumentar a duración da mesma.
