Conductor novel perde o carné por saltase bébedo un semáforo de Ramón Ferreiro
Sucedeu na madrugada do pasado domingo. Unha patrulla da Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detectou na Avenida de Ramón Ferreiro un vehículo que non respecta a luz vermella dun semáforo. O conductor foi interceptado polos axentes que na conversación mantida co individuo observaron que presenta signos claros de embriaguez. Foi enotnces cando os axentes decidiron facer a proba de detección alcohólica. O resultado foi un sorprendente postivo de 0,62 mg/l.
Os axentes procederon a abrir un expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución pola alcoholemia (inmobilizándose o vehículo) e unha sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos por pasar en luz vermella un semáforo. Ao certificarse que se trataba dun condutor novel, tendo un saldo inicial de 8 puntos, o sancionado perdou o permiso de conducir.

