Chega o Arde Lucus máis multitudinario

Desde o xoves, coa recreación d as lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio “El Viejo” entrando en Lugo para tomar a cidade, comezou vixésimo primeira edición do Arde Lucus, a máis agardada de toda a súa historia, según as previsións dos organizadores. Estíamse que a nosa cidade recibirá preto de 600.000 visitantes neste intenso fin de semana. A cita recuperará o seu máximo esplendor tras os anos de pandemia ao longo de catro intensos días, con máis de 100 actividades diarias de animación na rúa, entre as que destaca un espectáculo de realidade aumentada na Mosqueira, un dos grandes atractivos deste edición.

“Sen dúbida, o plus diferencial desta cita respecto a outras é a implicación social, polo tanto, invito a todo o mundo, a veciños e visitantes, a que se caractericen, e que nos axuden a conseguir este distintivo porque será un éxito de todos, empezando polas 19 asociacións, que fan un traballo imprescindible e extraordinario, e que son as grandes artífices de que teñamos durante 21 anos esta festa no top de citas culturais do país”, subliñou a alcaldesa.

Así mesmo,Méndez animou a toda a veciñanza a participar no espectáculo de realidade aumentada que acollerá a Mosqueira “que nos permitirá facer unha viaxe 2.000 anos atrás e mergullirnos na época de esplendor de Lugo no século I, podendo disfrutar de varias escenas nas que se recreará o momento de construción da muralla, loitas de castrexos e romanos, as bigas e cuádrigas paseando polo ardarve, ou mesmo unha aguia imperial que voará por encima dos visitantes”.

A primeira proxección deste espectáculo poderá contemplarse mañá, venres, entre as 17:00 horas e a 01:00. Mentres que o sábado e o domingo estará dispoñible dende as 11:00 e ata a 01:00.

A rexedora tamén lembrou outra das actividades estrela como son os concertos de balde, na praza de Santa María de Saor Patrol, o sábado 11 de xuño, e das Tanxugueiras, o domingo 12, que suporá o broche de ouro a unha edición histórica. Así mesmo, a Capela do Carme, acollerá por vez primeira unha obra de teatro, “O rato da biblioteca”, na que participarán todas as asociacións de teatro de  Lugo.

Regreso de dúas actividades estrela: o circo romano e a carreira Mvrvs Lvcis

Ao longo de tódolos días haberá un sen fin de actividades que farán revivir o pasado romano da cidade, levando a lucenses e visitantes séculos atrás ata o que era a antiga Lucus Augusti. Unha das grandes citas terá lugar, o sábado co Circvs Romano na Explanada do Pavillón Municipal. Solo se poderá acudir con entrada, en venta a través da páxina web: www.entradaslugo.es. Tamén, como prato forte, está incluído na programación o desfile de colexios, no que participaran preto de 3.000 nenos e nenas da cidade, de 19 colexios e as AMPAS. Así mesmo, A carreira Mvrvs Lvcis voltará a retar a romanos e castrexos polo adarve da Muralla, podendo inscribirse a través de: www.formulario.xuventudelugo.gal.

No programa xeral do Arde Lucus mantéñense as actividades estrela doutras edicións, como os campamentos, os desfiles, a queima da muralla, a recreación da primeira manifestación feminina, que se celebrou en Roma por parte de mulleres, que terá lugar diante do campamento do Senado, na que reclamarán os seus dereitos; tamén as loitas e pelexas de gran realismo na Praza de San Marcos e Santa María, entre outras. Durante as noites, a cidade contará con animación continuada de rúa, coa presenza de desfiles, gardas romanas, tambores, etc.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.