Os ecoloxistas galegos esixen o pecha das granxas de visóns polo seu risco na expansión do virus

A recente aparición de casos de Covid-19 nunha granxa de visón americano no concello coruñés da Baña pon novamente o foco sobre os graves riscos que, segundo numerosos colectivos ecoloxistas, supón para a saúde ambiental e cidadá este tipo de instalacións. Os abrochos de coronavirus nestas explotacións son moi numerosos en todo o mundo, con evidencias da transmisión humano-animal e viceversa, e mesmo aparición de novas variantes do virus para os que as diversas vacinas que se están comezando a distribuír poderían non ser efectivas.

Non podemos permitir que unha fuxida accidental ou intencionada de animais infectados derrame os esforzos e as duras medidas de control social,

ADEGA

O colectivo ecoloxista Adega considera que os riscos derivados do mantemento destas explotacións non están en absoluto controlados na extratexia nacional contra a pandemia, aplicado pola Xunta dende o pasado mes de setembro. Na súa opinión, trátase dun programa de control pasivo que só realiza análises se aparecen visóns con síntomas compatíbeis co SARS-CoV-2 ou algún dos operarios tivo un diagnóstico positivo.

«Entendemos que en plena terceira vaga da pandemia con cifras de contaxio e hospitalización achegándose ás da pasada primavera, nen sequera a posta en marcha de medidas activas de control en todas as granxas de visón, con analíticas sistemáticas a todo o persoal e mostraxes representativas dos animais, serían suficientes para desactivar o alto risco de contaxio e transmisión da enfermidade que supoñen estas instalacións», apuntan os voceiros do coelctivo. «Non podemos permitir que unha fuxida accidental ou intencionada de animais infectados derrame os esforzos e as duras medidas de control social, profilaxe e tratamento adoptadas polas administracións para conter a pandemia», engaden ao mesmo tempo que solicitan o seu peche. O debate sobre o futuro inmediato deste sector en Galicia está aberto e promete ser intenso.