GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 21.293 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS
O número de casos activos de coronavirus en Galicia segue aumentado. O último reconto da Xunta é de 21.293 Novos casos nas últimas 24 horas, deles 5.679 son da área da Coruña, 1.954 da de Lugo, 2.980 da de Ourense, 2.022 da de Pontevedra, 3.680 da área de Vigo, 3.309 da de Santiago, e 1.669 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 178 están en UCI, 1.093 en unidades de hospitalización e 20.022 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 68.237 persoas curadas, rexistrándose 1.659 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.357.642. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 73.201. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
