Adega divulga as nosas montañas sagradas co seu programa de roteiros

Adega pon en marcha o seu programa de roteiros. Esta exitosa actividade consiste sen andainas pola Natureza que organiza a delegación de Lugo desde hai máis de 20 anos e que están dirixidas á poboación de todas as idades, co obxectivo principal de achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio. Este histórico colectivo considera que a Terra seria totalmente diferente se non houbese montañas, posto que non seria habitable. «As montañas son sagradas porque elas condicionan o clima da Terra, cortan os ventos e provocan a precipitación das chuvias, nelas están as nacentes dos rios que irán regar a terra enteira. O manto das turbeiras garda a reserva de auga do inverno para que poda ser deitada ao val no estío; no Xistral agora ultraxada pola destrución provocada polos parques eólicos que alteraran o ciclo hidrolóxico de xeito irreversíbel» apuntan desde a súa directiva.

«Nas montañas gárdanse as pegadas mais antigas e senlleiras da historia da humanidade: campos de mámoas, castros defensivos controlando os camiños, petróglifos que fornecen o substrato das lendas que conforman a nosa mais autentica mitoloxía. As montañas son lugares sagrados porque nos achegan ao ceo e nos permiten imitar a deuses e deusas deixándonos ter vista ao lonxe, e deixa-me ir ao alto que do alto vexo ben… Alí aínda viven as mouras, meigas e fadas que gardan as terras coa súa maxia ancestral», aseguran. Para Adega, as nosas montañas están a ser menosprezadas e son obxectivo de megaparques eólicos, que fragmentan hábitats e esquilman os recursos, deixando de lado ás poboacións locais. Por iso pretenden facer un traballo de divulgación a través de 9 saídas nas que visitaras diferentes puntos do país, e descubrirán xunto con colectivos locais os valores ambientais, culturais e patrimoniais acubillados no seo destes lugares.

O programa de roteiros

  • 24 de outubro O Courel, Encrucillada cultural 
  • 21 de novembro Lendas da Cova da serpe en colaboración con Xermolos e Lareira de Soños
  • 19 de decembro Montañas de Navia de Suarna en colaboración coa Irmandade Naviega
  • 23 de xaneiro O arte prehistórico escondido nos Ancares en colaboración con Rente ao Couce e Patrimonio dos Ancares
  • 20 de febreiro O Cuadramón, as nascentes das augas en colaboración con Cultura do País do Valadouro
  • 20 de marzo Virileo: Dende os Ancares ate o mar por Negueira de Muñiz en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento de Negueira.
  • 24 de abril O santuario perdido dos celtas polo Monte do Seixo en colaboración coa Asociación Capitán Gosende
  • 22 de maio A Galiza estremeira por Alto Cabrera en colaboración con  Bierzo Aire Limpo
  • 12 de xuño Camiñando polas terras do lobishome polo Biduiral de Montederramo. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.